venres, 29 de novembro de 2013

Ao lonxe, detrás do campo de fútbol, esta o monte con súas arbores completamente pintado de verde; salpicado de casas de duas plantas de cores variados. O ceo vese nubrado pola cantidade de nubes nada encapotadas.
Nalguns puntos pode verse o azul claro do ceo, parece pintado con pintura aguada.
Mais cerca, esta a rexa do campo de fútbol do instituto e parece que o paixase este entre rexas. Parece un símbolo indirecto que me recorda a contaminación e o feito de que a xuventude da miña idade non se fixa nela polos videoxogos e esas cousas... ao menos iso e o que os adultos din.
Notase que as casas están agrupadas en pequenos grupos que vistos dende mais lonxe parecerian pequenos pobos.
Hai monte ata onde alcanza a vista e en todas as direccións. Se o vira alguén un tanto paranoico creería que os arbores o teñen rodeado.
Recoñezo os edificios mais cercanos que fanme pensar en marcharme pero ata mais tarde non podo. Todas as casas están unidas por estradas invisibles dende onde eu estou pero que se percebe onde esta cada unha.
Aínda que non se mira, hai un castro non moi lonxe e preguntome que andarian a pensar os que vivían alí da actualidade.
Vexo aos meus compañeiros de vez en cando, nótaselles na cara que estan un pouco perdidos e, como eu, estan dispostos a escribir calquera cousa.
Aparece un can nun momento e ao outro xa non esta a profesora. Eu paso e sigo con meus pensamentos verdes que provoca-me a paixase mentres escribo sen darme conta.
Comeza a aparecer o sol e fixome de verdade na finca que teño diante. E que de tanto mirar ao horizonte as veces non nos fixamos do que temos diante... linda metafora, e mo dixo a natureza con so mirar.
Escoito ao lonxe as risas dos meus compañeiros, segue sen importarme, agora so me interesan meus pensamentos e todo o que podo percibir.
Oigo unha maquina, non sei o que estara facendo quen a usa nin que maquina e, pero imaxino a un home con unha serra cortando arbores, non me gusta. Prefiro pensar noutra cousa.
Agora percibo pasos, meus compañeiros acheganse liderados pola profesora, e o momento de irse e eu teño que apurar para acabar.
¡Menudo corte de onda!

Ningún comentario:

Publicar un comentario