venres, 15 de novembro de 2013

A volta ao mundo en oitenta días:
Teño que ler este libro para este trimestre. Algúns capítulos lémolos na casa (a profesora de Ámbito-sociolinguístico nos pon unha fecha limite para ler dende tal capitulo a tal outro) e outros capítulos, normalmente un ou dous lémolos na clase.

A min gústame ler pero a impresión total do libro e que non me gusta. Non por que sexa malo ou por que sexa un clásico, por que os libros clásicos gústanme. E que o libro non se adapta aos meus gustos.
Ningún dos libros de Xulio Verne gústanme por que todos son demasiado realistas. O único libro del que "gústame" mais ou menos e viaxe ao centro da terra. Pode que na súa época foxen moi fantasiosos, pero agora xa non.
O que a min gústanme son as historias imposibles, non as que se poidan lograr na realidade, por que para iso, quédome na realidade e non leo un libro.

Como e lectura obrigatoria o leo ata entendelo, o cal e sempre por non tiven que volver ler nada.
O mais interesante son as "ocurrencias" dun dos personaxes do libro. Pasepartout ou Picaporte segundo a tradución, feito que me fai graza a verdade. O resto do libro en si non me chama a atención, seguramente podería explotar un continente enteiro na historia e eu seguiría igual.

Ademais, un libro no que os protagonista son adultos para min e os meus gustos non merecen a pena, ten que pasar algo verdadeiramente interesante e lento para que me enganche. Un exemplo de libro clásico que me gusta e "O conde de Montecristo", que non ten nada que ver coa volta ao mundo.

Ademais, fai algúns anos vin unhas cantas películas do libro pero nunca as terminaba por que aburríame, vou mais adiante no libro ao que cheguei en calqueira película. (Vou no quince.)

O bo que ten e que lese rápido e os capítulos son cortos (xa que estou acostumada a ler libros de unhas trinta paxinas cada capitulo so por entretemento.)

Pero vou seguir lendo ata o final por que e o que teño que facer. Aínda que se non foxe obrigatorio non o lería.

Ningún comentario:

Publicar un comentario